+34 982 305 902 hola@calfensa.com

INNOVACIÓN NO SERVIZO DE RESTAURACIÓN AMBIENTAL DE ESPACIOS DEGRADADOS EN GALICIA MEDIANTE AEROSEMENTEIRA CON DRONS E MATERIAL VEXETAL MELLORADO

Calfensa Proxectos S.L. levou a cabo o desenvolvemento do presente Plan de Innovación, a través das axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación dentro do programa InnovaPeme 2024, centrado na mellora dos seus servizos de restauración ambiental, mediante o uso de drons agrícolas e a aplicación de sementes e compoñentes melloradores do solo.

 O obxectivo do proxecto foi incorporar solucións máis sostibles e eficientes, especificamente adaptadas ás características do ecosistema atlántico galego, e orientadas a resolver os retos asociados á revexetación en zonas de difícil acceso mediante métodos convencionais.

Os resultados obtidos sitúan a Calfensa Proxectos S.L. como referente na aplicación de aerosementeira con drons en ecosistemas atlánticos, ofrecendo unha alternativa competitiva fronte ás técnicas tradicionais, especialmente en zonas de difícil acceso ou con necesidades urxentes de restauración ecolóxica.